O segredo das fragas do Tambre

Posted on by

Espectáculo teatral itinerante producido polo Concello de Ames e Os Quinquilláns que parte da aldea de Oca e discorre pola capela do Corpiño e por preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. Os personaxes van conducindo os participantes por diferentes épocas e espazos; a muller dos petróglilos, o barqueiro, a xana Andoriña, a fidalga do Pazo…

ELENCO

Lucho Penabade

Tero Rodríguez

VESTIARIO

Beti Busto

 

Category: Uncategorized

Andaina polo mar de ovellas

Posted on by

Espectáculo itinerante con teatro e música producido polo Concello de Ames e Os Quinquilláns. que parte do lugar de Aguapesada e sobe a Costa do Mar de Ovellas ata a aldea de Susavila. O fío condutor é o poema “A pobriña que está xorda” de Rosalía de Castro e a vinculación da escritora coa Maía.

ELENCO

Lucho Penabade

Tero Rodríguez

MÚSICA

Luís “O Caruncho”

VESTIARIO

Beti Busto

 

Category: Uncategorized

A raíña Lupa e o Encanto do Pico Sacro

Posted on by

SEIXO é un mouro, que ten como misión recibir os peregrinos e a toda a xente que pasa a carón do Pico Sacro. Da man del coñeceremos á dona de toda a contorna, á poderosa, soberana e intelixente RAÍÑA LUPA mais tamén participaremos cos seus protagonistas de todo canto aconteceu coa chegada de Santiago e os seus discípulos ou que hai de certo nos milagres que se agochan no monte de aciñeiras e carballos.

Pico3

RAÍÑA LUPA.-Tero Rodríguez

MOURO.-Lucho Penabade.

ATREZZO.- Borxa Insua

FOTOGRAFÍAS.-PILAR LUEIRO .

INSCRICIÓNS.-

Pico1
Pico2

 

Category: Uncategorized

Macías e Elvira: tres camiños, tres destinos

Posted on by

1.-Padrón

PADRÓN:

Mércores 7,14,21 e 28 de Agosto de 2024

Macías e Elvira son símbolos do amor verdadeiro. Ela obrigada a escoller o camiño de  casar con quen non amaba e el destinado ao cárcere martirizado polos seus inimigos.  Con todas as súas forzas loitaron  pola súa emancipación e a súa liberdade.  Por iso son merecentes de permanecer para sempre no Xardín Botánico de Padrón onde comparten cos visitantes os tres camiños e os tres destinos posibles que ten o amor.

ELVIRA.-Tero Rodríguez

MACÍAS.-Lucho Penabade

VESTIARIO.-Bety Busto

ATREZZO.- Borxa Insua

FOTOGRAFÍAS.- Anxo Regueiro, Pilar Lueiro

INSCRICIÓNS EN :

https://www.padronturismo.gal/

 

Category: Histórico

Terra de raíñas

Posted on by

raiñas

No posto máis célebre de venda ambulante en castelos e vilas rexentado polo taberneiro PERO encóntranse ALDONÇA, raíña destronada , e BERNAL, comerciante de viños . PERO está representando a sucesión dinástica de Afonso VIII usando títeres e obxectos mentres ALDONÇA contempla admirada a súa propia historia. O encontro entre os tres reflicte a vida cotiá do século XIII e os conflitos da sucesión dinástica de Afonso VIII rei de Galiza e León en favor de Sancha e Aldonça e a confabulación para que Fernando III,O Santo lles usurpe o trono.

 

ALDONÇA.- Tero Rodríguez

BERNAL.-Lucho Penabade

PERO.- Borxa Insua.

VESTIARIO.-Beti Busto

ESCENOGRAFÍA.- Borxa Insua, Os Quinquilláns


DATAS E LUGARES:

SABADO 6/08 , 18:00h. Torre da Penela, Rioboo. Cabana de Bergantiños

VENRES 12/08, 20:30h .Praza Rafael Dieste. Rianxo

VENRES 19/08 ,21:30h. Praza do Mercado. Muros.

VENRES 26/08, 20:00h Castelo de Vimianzo. Vimianzo

MÉRCORES 31/08, 20:00h Praza de Macías. Padrón

XOVES 15/09 , ?? Torres de Altamira, Brión

DOMINGO 18/09, 18:00h, Castelo de Moeche,Moeche.

DOMINGO 25/09, ?? Corcubión

 

Category: Histórico

LANGUAGE PLANNING

Posted on by
Os Quinquilláns xa comezamos a xira de outubro de Language Planning!

Fálase da existencia dun Language Planning, “Un plan para acabar co galego“ contra o que as Tribos da Retranca teñen que loitar con ironía e sentido da supervivencia. Na montaxe preséntanse momentos decisivos da nosa traxectoria lingüística e das nosas estratexias vitais.

languagePara público adulto a partir de 9 anos. A partir de Made In Galiza de Séchu Sende. Con textos de Xesús Rábade Paredes e Chus Pato.
Vestiario Bety Busto
Espazo sonoro Ilha de Orjais
Estas funcións pertencen ao Programa Falaredes da Secretaría de Política Lingüística a través do Fondo de Proxectos Culturais en Lingua Galega Xacobeo 21.
AÍ VAN AS DATAS:
•XINZO DE LIMIA: 2 de OUTUBRO. AUDITORIO CASA DA CULTURA. 19:00 horas.
•AMES: Venres 8 DE OUTUBRO. AUDITORIO DE MILLADOIRO. 20:30 horas
•CALDAS DE REIS. 10 de OUTUBRO. AUDITORIO MUNICIPAL. 19:00 horas.
•ABEGONDO. 17 DE OUTUBRO. CENTRO CULTURAL O SALÓN. Mabegondo – Abegondo. 18 horas.
•GUITIRIZ. 23 de OUTUBRO. CASA HABANERA 18:30 horas

 

Category: Histórico

A pluma viva de Rosalía

Posted on by

plumavivaNOVAS DATAS!:

NEGREIRA 5/11
20:30h. Auditorio FUNDACIÓN PAZO DE MOS 7/11
18:30 Auditorio Fundación

MALPICA 26/11
20:30 Auditorio

AMES-O MILLADOIRO 27/11
20:30 h
Auditorio Milladoiro

O ROSAL 28/11
19:00H
Auditorio Municipal.

Category: Uncategorized

PALACIOS

Posted on by

imageAntonio Palacios volve ao mundo dos vivos para acompañarnos visitando a súa obra arquitectónica na vila natal do Porriño. A carón del, Corona González, fotógrafa pioneira, mecenas de obras benéficas e moi preocupada pola saúde e a educación.
Os dous lévannos por unha viaxe de lembranzas, sentimentos, arquitectura, patrimonio e festa da que todos e todas formamos parte.

Os Quinquilláns dan vida a estes dous persoaxes nas visitas teatralizadas no Porriño, vila natal do arquitecto.

CORONA GONZÁLEZ: Tero Rodríguez .ANTONIO PALACIOS: Lucho Penabade.

VESTIARIO: Bety Busto. TEXTOS E DIRECCIÓN: Os Quinquilláns Teatro.

| Sábados 5, 19 e 26 de xuño. 2021
| Saída ás 12:00 h. Dende o Templete da Rede de San Luis » ver mapa
| Prazas limitadas
| Inscricións a través do correo: inscricionscultura@oporrino.org

Consulta toda a información en:

https://ecultura.net/visita-guiada-teatralizada-polas-obras-de-antonio-palacios-xuno/

 

Category: Histórico

A visita de Exeria ao castro de Santa Tegra

Posted on by

OS MÉRCORES DE XULLO E AGOSTO CARTEL TEATRO NO TREGA.indd

PASES AS 18:30 h E AS 20.00h

O aforo está limitado a 25 persoas, sendo obrigatorio o uso de mascariña de protección.

A inscrición realizarase sempre cunha semana de antelación en: centrocultural@aguarda.es ou no 986611850 (de 9 a 14h.)

Tras anos viaxando, a nobre e valente Exeria volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nun mosteiro. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.

EXERIA.-    Tero Rodríguez
GROVIO.-   Lucho Penabade
MÚSICO  .- Luís Caruncho
VESTIARIO.-Bety Busto
ATREZZO.- J.L. do Pico Orjais,  Borxa Insua

Category: Histórico

IGUALDADE

Posted on by
que pasa arredor promociòn quinquillans. a pluma viva de rosalía. información programación

 

Category: Histórico