Antonio Palacios volve ao mundo dos vivos para acompañarnos visitando a súa obra arquitectónica na vila natal do Porriño. A carón del, Corona González, fotógrafa pioneira, mecenas de obras benéficas e moi preocupada pola saúde e a educación.
Os dous lévannos por unha viaxe de lembranzas, sentimentos, arquitectura, patrimonio e festa da que todos e todas formamos parte.
Os Quinquilláns dan vida a estes dous persoaxes nas visitas teatralizadas no Porriño, vila natal do arquitecto.
CORONA GONZÁLEZ: Tero Rodríguez .ANTONIO PALACIOS: Lucho Penabade.
VESTIARIO: Bety Busto. TEXTOS E DIRECCIÓN: Os Quinquilláns Teatro.
| Sábados 5, 19 e 26 de xuño. 2021
| Saída ás 12:00 h. Dende o Templete da Rede de San Luis » ver mapa
| Prazas limitadas
| Inscricións a través do correo: inscricionscultura@oporrino.org
Consulta toda a información en:
https://ecultura.net/visita-guiada-teatralizada-polas-obras-de-antonio-palacios-xuno/