PAZ NOVOA e os seus ex-alumnos son recibidos polo gran músico O CARUNCHO cando se encontran en Compostela con ROSALÍA DE CASTRO . Nun breve e intenso paseo lembran as veladas no Liceo da Xuventude e os aconteceres deste ano 1880 cheo de noticias : A emigración masiva ás Américas , o impulso literario e cultural , o caciquismo político da Restauración Borbónica, a vida cotiá das xentes do mercado.
ROSALÍA acaba de publicar Follas Novas e vai deixar Compostela para marchar para Lestrobe onde escribirá En las Orillas del Sar, NOVOA vai defender a Curros Enríquez ante a Igrexa Católica, O CARUNCHO vai seguir cantando os poemas de Rosalía por rúas e corredoiras.
ROSALÍA.- Tero Rodríguez
PAZ NOVOA.- Lucho Penabade
MÚSICA EN DIRECTO.- Luís O Caruncho
VESTIARIO.-Olga Vieites, Bety Busto
TEXTOS, DIRECCIÓN, PRODUCIÓN.- OS QUINQUILLÁNS.