O castelo de Vimianzo, un paseo pola historia

Posted on by

VIMIANZO:

2025: domingos de xullo, agosto e ata medidos de setembro

HORARIO: 12:30 h e 17:00 h

 

WhatsApp Image 2025-07-17 at 12.24.23ELVIRA DE OGAS e ROI DO CEREIXO cumpren a penitencia de contar a súa traizón ata que morran 500 papas de Roma. A lenda dos Mariño, os conflitos entre os Moscoso de Altamira e os Fonseca, a guerra irmandiña, a represión dos nobres e a vida no castelo desde a Idade Media ata os nosos días.

Representación baseada nos feitos máis salientables do castelo de Vimianzo ao longo da historia.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez, Lucho Penabade.

VESTIARIO.- Olga Vieites.

CONTACTO.- 981716354-604036617 (Turismo -Concello de Vimianzo)

 

Ver vídeo

Category: veran 2020, verán 22

Pazos da Terra. As torres do Allo

Posted on by

2025: Domingos de xullo e agosto as 19:30h

WhatsApp Image 2025-07-17 at 12.25.06

Francisca Rioboo Álvarez e Víctor López Seoane reciben os foreiros que veñen pagar as rendas deixándolles entrar no pazo por primeira vez. Francisca foi a primeira muller propietaria das Torres do Allo mantendo a liña sucesoria dunha das familias nobiliarias máis importantes desde a Idade Media ata o S.XIX, Víctor un dos máis prestixiosos naturalistas galegos da historia.Visita ao interior das torres onde o público é protagonista do argumento da montaxe. A historia do pazo, as rendas en especie, a emigración e a decadencia nobiliaria de finais do XIX son algúns dos temas que revivimos nesta visita.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez , Lucho Penabade.

VESTIARIO.- Olga Vieites.

 

Ver vídeo.

Web do pazo

Category: veran 2020, verán 22

VERITAS VINCI. A VERDADE VENCE

Posted on by

Torres de Goiáns- Boiro

8, 22, 29 agosto ás 20.30

 Consuelo Carou, cociñeira das Torres de Goiáns, teme que Don Joaquín Barriere teña a intención de vender a propiedade e pide axuda á veciñanza para evitar tal desfeita. Un xiro inesperado levaranos a un final tan sorprendente coma real.

Inscricións na Casa da Cultura e no teléfono 981848425.

REPARTO:

Consuelo Carou.- Tero Rodríguez
Joaquín Barriere.- Lucho PenabadeGoiáns 3 Goiáns 1 Goiáns 2
Vestiario.- Bety Busto.

Category: Uncategorized

No tempo das pedras. O dolmen de Dombate

Posted on by

2025: Sábados de xullo e agosto ás 11,30 e 13,00 h

5.-Dombate

ELBA leva moito tempo observando o trigo no monte para escoller o mellor gran, mentres  CARREGUEIRO teima en convencer a toda a aldea para que deixen as faenas e lle axuden a carrexar laxes para erguer un grandioso dolmen en Dombate.

Montaxe teatral de carácter didáctico e participativo que nos traslada ao mundo das construcións dos primeiros cemiterios da humanidade.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez, Lucho Penabade VESTIARIO.- Olga Vieites

 

- Atención ao público/guía: 672 435 736

- Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate: 618 575 481

- Concello de Cabana de Bergantiños (horario de mañá): 981 75 40 20

Máis fotos aqui.

Category: veran 2020, verán 22

Ribadeo ilustrado

Posted on by

DATAS DO VERÁN 2025:

17, 24 e 31 de xullo e 6,14, 21 e 28 de agosto ás 20,30 h.


patinEn xaneiro de 1.809 RAIMUNDO IBÁÑEZ sae da súa vivenda co temor a ser apresado e condenado por afrancesado. Buscando axuda e perdón chega á Praza de Abaixo, onde se encontra co seu maior inimigo, o fidalgo MANUEL PEDROSA. Será DONA MIRANDA quen poña aos dous personaxes no tempo histórico actual e consiga que reflexionen sobre un pasado cheo de prosperidade para Ribadeo.

MIRANDA.-Tero Rodríguez

PEDROSA.- Borxa Insua.

IBÁÑEZ .- Lucho Penabade

VESTIARIO.-Bety Busto

INSCRICIÓNS.- https://turismo.ribadeo.org/experiencias.php?id=61&idioma=es&sec=27

 

VÍDEOS:

Category: veran 2020, verán 22

CAMIÑO BRANCO DE ROSALÍA

Posted on by

PADRÓN:

mércores 2, 9,16,23,30 de xullo de 20245, as 20:00h

Modesto Brocos, coñecido pintor compostelán visita Padrón co obxectivo de encontrar a Rosalía de Castro para lembrar aquel ano 1880 no que a pintou no Pazo de Lestrobe.No encontro ,ambos os dous amigos percorren os lugares máis rosalianos de Padrón facéndonos participar a todos e a todas dunha experiencia digna de contar.

FOTO

ROSALÍA DE CASTRO.- Tero Rodríguez
MODESTO BROCOS.- Lucho Penabade
VESTIARIO.-Bety Busto

 

 

INSCRICIÓNS: https://www.padronturismo.gal/product/visita-teatral-camino-branco-de-rosalia-2/

VÍDEO: https://www.facebook.com/watch/?v=1796635377554296

 

 

Category: Uncategorized

A batalla de Altamira

Posted on by

altamira2

DATAS: 4 de xullo, 6 e 13 de setembro, 2025

As Torres de Altamira constitúe un dos castelos máis sobranceiros da Galiza do XV onde aconteceu un dos grandes acontecementos históricos da época, a coñecida como Batalla de Altamira do 13 de xuño de 1471 onde participou toda a nobreza civil e eclesiástica do momento. Por unha banda os Moscoso de Altamira e pola outra o arcebispado representada nos Fonseca de Compostela.

DOSINDA DA AMAÍA Tero Rodríguez.

CARANTOÑA Borxa Insua

ROUCO Lucho Penabade

ESCENOGRAFÍA, MÁSCARAS E TÍTERES Borxa Insua

VESTIARIO Bety Busto

TEXTOS E DIRECCIÓN Tero Rodríguez, Lucho Penabade

PRODUCIÓN Os Quinquilláns co financiamento da Deputación da Coruña, Concellos de Brión e Ames.

 

ALTAMIRA 1 ALTAMIRA 2

altamira3

 

Category: Uncategorized

Per camiño de Lampai

Posted on by aside

rutalampai (1)Per caminho de Lampai é un roteiro guiado e teatralizado que constitúe unha auténtica viaxe no tempo que nos leva desde os tempos da Segunda República á época máis esplendorosa da nosa Idade Media.

Intérpretes: Tero Rodríguez, Lucho Penabade.

Vestiario Bety Busto.

27 de agosto, 10 e 17 de setembro  ás 10:00h .

Toda a info en https://www.teo.gal/gl/actividades?title=caminho+de+lampai

 

 

Category: Uncategorized

Batalla de Cacheiras

Posted on by

SÁBADOS DO VERÁN 10:00 h a 14:00 h

cach1TEXTO.- Un dos fitos máis importantes da historia de Galicia é a Batalla de Cacheiras acontecida en 23 de Abril de 1846 . Nun roteiro comprendido entre Bamonde e Montouto con parada en Santa Eufemia ,Os Quinquilláns escenifican distintos episodios da batalla de forma retranqueira e participativa.

PEREGRINA.- Tero Rodríguez

XAN.- Lucho Penabade.

VESTIARIO.-Bety Busto

CONSULTA DATAS E INSCRÍBETE EN .-

https://www.teo.gal/gl/actividades?title=batalla

Category: Histórico

O segredo da andoriña

Posted on by

Percorrido desde a fonte da Madalena ata as ribeiras do Tambre na parroquia de Tapia, Concello de Ames.

Andoriña é unha menciñeira coñecedora das augas, as plantas e os animais que nos inicia nunha andaina polo regueiro do Andoriña e as ribeiras do Tambre onde aparecen outros personaxes vencellados ao seu patrimonio histórico e natural; un bandoleiro carlista do Muíño do Crego, a muiñeira, Pedro Froilaz de Traba, Raíña Urraca…

ELENCO Lucho Penabade e Tero Rodríguez

VESTIARIO Beti Busto

 

Category: Uncategorized