Category Archives: Histórico

LANGUAGE PLANNING

Posted on by
Os Quinquilláns xa comezamos a xira de outubro de Language Planning!

Fálase da existencia dun Language Planning, “Un plan para acabar co galego“ contra o que as Tribos da Retranca teñen que loitar con ironía e sentido da supervivencia. Na montaxe preséntanse momentos decisivos da nosa traxectoria lingüística e das nosas estratexias vitais.

languagePara público adulto a partir de 9 anos. A partir de Made In Galiza de Séchu Sende. Con textos de Xesús Rábade Paredes e Chus Pato.
Vestiario Bety Busto
Espazo sonoro Ilha de Orjais
Estas funcións pertencen ao Programa Falaredes da Secretaría de Política Lingüística a través do Fondo de Proxectos Culturais en Lingua Galega Xacobeo 21.
AÍ VAN AS DATAS:
•XINZO DE LIMIA: 2 de OUTUBRO. AUDITORIO CASA DA CULTURA. 19:00 horas.
•AMES: Venres 8 DE OUTUBRO. AUDITORIO DE MILLADOIRO. 20:30 horas
•CALDAS DE REIS. 10 de OUTUBRO. AUDITORIO MUNICIPAL. 19:00 horas.
•ABEGONDO. 17 DE OUTUBRO. CENTRO CULTURAL O SALÓN. Mabegondo – Abegondo. 18 horas.
•GUITIRIZ. 23 de OUTUBRO. CASA HABANERA 18:30 horas

 

Category: Histórico

PALACIOS

Posted on by

imageAntonio Palacios volve ao mundo dos vivos para acompañarnos visitando a súa obra arquitectónica na vila natal do Porriño. A carón del, Corona González, fotógrafa pioneira, mecenas de obras benéficas e moi preocupada pola saúde e a educación.
Os dous lévannos por unha viaxe de lembranzas, sentimentos, arquitectura, patrimonio e festa da que todos e todas formamos parte.

Os Quinquilláns dan vida a estes dous persoaxes nas visitas teatralizadas no Porriño, vila natal do arquitecto.

CORONA GONZÁLEZ: Tero Rodríguez .ANTONIO PALACIOS: Lucho Penabade.

VESTIARIO: Bety Busto. TEXTOS E DIRECCIÓN: Os Quinquilláns Teatro.

| Sábados 5, 19 e 26 de xuño. 2021
| Saída ás 12:00 h. Dende o Templete da Rede de San Luis » ver mapa
| Prazas limitadas
| Inscricións a través do correo: inscricionscultura@oporrino.org

Consulta toda a información en:

https://ecultura.net/visita-guiada-teatralizada-polas-obras-de-antonio-palacios-xuno/

 

Category: Histórico

A visita de Exeria ao castro de Santa Tegra

Posted on by

OS MÉRCORES DE XULLO E AGOSTO CARTEL TEATRO NO TREGA.indd

PASES AS 18:30 h E AS 20.00h

O aforo está limitado a 25 persoas, sendo obrigatorio o uso de mascariña de protección.

A inscrición realizarase sempre cunha semana de antelación en: centrocultural@aguarda.es ou no 986611850 (de 9 a 14h.)

Tras anos viaxando, a nobre e valente Exeria volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nun mosteiro. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.

EXERIA.-    Tero Rodríguez
GROVIO.-   Lucho Penabade
MÚSICO  .- Luís Caruncho
VESTIARIO.-Bety Busto
ATREZZO.- J.L. do Pico Orjais,  Borxa Insua

Category: Histórico

IGUALDADE

Posted on by
que pasa arredor promociòn quinquillans. a pluma viva de rosalía. información programación

 

Category: Histórico

Simbad e a Serea

Posted on by

simbadbajaO realisimo máxico chega ao mundo do mar a través de esta obra de Os Quinquilláns.

Nun tempo donde a xente do mar cansou de traballar, VENADITA, a mariscadora vai sufrir unha unha transformación causada polo mar, que a chama.

Cando vai pedir axuda a SIMBAD, un vello mariñeiro retirado, éste vai facer todo o posible para volvela ao seu estado natural e Xuntos tratarán de que a xente recupere a ilusión por volver ao mar.

Consulta a páxina de Simbad e a Serea para saber máis ou tamén podes ver o vídeo.

Category: Histórico