INDIANO e GALICIANA acaban de chegar da illa de Cuba a Ribadeo para pasar unhas vacacións. INDIANO trae moitas maletas con puros, xoias e roupas pero tamén anuncia a aportación dos galegos de Cuba para instalar a luz eléctrica na praza principal.
Os Quinquilláns presentan esta visita teatralizada polas rúas de Viveiro e na que o público tamén participa.
INDIANO (Lucho Penabade) e GALICIANA (Tero Rodriguez) acaban de chegar da illa de Cuba a Ribadeo para pasar unhas vacacións. INDIANO trae moitas maletas con puros, xoias e roupas pero tamén anuncia a aportación dos galegos de Cuba para instalar a luz eléctrica na praza principal. GALICIANA entrega á vila unha xiganta chamada TOMASITA símbolo das mulleres rebeldes das Américas para que acompañe ao COCO e COCA e anuncia axudas para fundar escolas na contorna .
CREBEIRO (Pepe Penabade) transporta maletas e acompáñaos na viaxe coa súa sorna de home sabido e que xa viviu mil mundos defendendo sempre que aquí tamén se pode vivir e disfrutar da vida.