A TRAIZÓN é unha viaxe pola historia a través de dous protagonistas: ELVIRA e ROI, que viviron como criados, cidadáns ou xente do común moitos aconteceres históricos en castelos, casas rectorais, igrexas, pazos ,casas ou prazas emblemáticas da nosa historia para compartila, difundila e disfrutala a través do teatro como medio axeitado.
Os personaxes que xurden de cada espazo implícannos , infórmannos e fannos participar da historia como algo vivo, presente, divertido e moi teatral. O teatro achega informacións moi importantes non só a nivel textual senón tamén a nivel visual (vestiario, atrezzo, relacións entre personaxes, formas lingüísticas específicas, oficios…..).
Tero Rodríguez e Lucho Penabade interpretando esta obra de rúa