LANGUAGE PLANNING

Posted on by
Os Quinquilláns xa comezamos a xira de outubro de Language Planning!

Fálase da existencia dun Language Planning, “Un plan para acabar co galego“ contra o que as Tribos da Retranca teñen que loitar con ironía e sentido da supervivencia. Na montaxe preséntanse momentos decisivos da nosa traxectoria lingüística e das nosas estratexias vitais.

languagePara público adulto a partir de 9 anos. A partir de Made In Galiza de Séchu Sende. Con textos de Xesús Rábade Paredes e Chus Pato.
Vestiario Bety Busto
Espazo sonoro Ilha de Orjais
Estas funcións pertencen ao Programa Falaredes da Secretaría de Política Lingüística a través do Fondo de Proxectos Culturais en Lingua Galega Xacobeo 21.
AÍ VAN AS DATAS:
•XINZO DE LIMIA: 2 de OUTUBRO. AUDITORIO CASA DA CULTURA. 19:00 horas.
•AMES: Venres 8 DE OUTUBRO. AUDITORIO DE MILLADOIRO. 20:30 horas
•CALDAS DE REIS. 10 de OUTUBRO. AUDITORIO MUNICIPAL. 19:00 horas.
•ABEGONDO. 17 DE OUTUBRO. CENTRO CULTURAL O SALÓN. Mabegondo – Abegondo. 18 horas.
•GUITIRIZ. 23 de OUTUBRO. CASA HABANERA 18:30 horas

 

Category: Histórico
Comments are disabled