Arrieiros

Posted on by

Un grupo de ARRIEIROS e ARRIEIRAS parte desde a adega cun gran pipo de viño para embarcalo no peirao con destino a Inglaterra. Unha viaxe fantástica na que os Arrieiros se encontrarán con distintos personaxes e situacións que farán que o camiño sexa unha odisea inolvidable chea de sufrimento e medos pero tamén de ledicias e festa.

ARRIEIROS é un espectáculo de teatro de rúa itinerante con personaxes e situacións do Século XIX. Unha montaxe para disfrute de todo tipo de públicos participativo e espectacular para escenificar por prazas e rúas tanto de día como de noite.

REPARTO:

Fidalgo: Pepe Soto; Maragato: Luchi Iglesias; Madame Marie: Maria Chenut; Pepa aLoba: Sherezade Bardají; frade carlista: Iñaki Vilariño; Xeneral liberal: Alfonso Romeo; Segador: Lucho Penabade; Cego de Mueños: Pepe soto; Arrieiros: Pepe Soto,Luchi Iglesias, María Chenut, Sherezade Bardají, Iñaki Vilariño; Alfonso Romeo