Lucho Penabade e Tero Rodríguez dan vida a esta montaxe de temática mariñeira.
MADALENA agarda polo seu amado que prometeu volver de facer as Américas, Acude onde D. FAUSTINO a que lle lea as súas cartas. Mentres BREIXO, irmán de MADALENA, prepara unha nova noite de crebas usando argucias con luces enganosas para que os barcos espeten contra as rochas e así apropiarse dos bens dos náufragos.
A noite traerá consigo moitas sorpresas.