A pluma viva de Rosalía

Posted on by

Montaxe teatral sobre igualdade e liberdade a partir de textos de Rosalía de Castro

quinquillans. a pluma viva de rosalía. información programaciónRosalía de Castro visita por sorpresa a imprenta de Soto e Freire en Lugo. Catro textos brillantes, retranqueiros e satíricos da escritora están a punto de seren publicados, mais nas oficinas da imprenta acaba de acontecer un conflito moi violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra.

Espectáculo baseado nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro acontecido en Lugo en 1.864, cando a Imprenta de Soto e Freire foi destrozada por 200 seminaristas que se opoñían á publicación dun artigo de Rosalía titulado “El Codio“, no que a escritora satirizaba a clase sacerdotal e ás súas prácticas á hora de recrutar seminaristas.

Rosalía de Castro – Tero Rodríguez

Soto Freire – Lucho Penabade

Vestiario – Bety Busto

Música – J. L. Do Pico Orjais

Espazo Escénico – Os Quinquilláns

Dramaturxia e Dirección – Lucho Penabade e Tero Rodríguez