RIANXO: 12 e 13 Agosto 2024
O capitán BARBA BRANCA organiza unha expedición científica para mirar a saúde dos fondos mariños. Axiña aparece cun submarino e faise acompañar dos máis intrépidos BUZOS coñecidos.Na súa viaxe encontraranse con ANÉMONAS E FONDOS MARIÑOS, pero tamén o acompañará unha MEDUSA antes de chegaren a visitar os CABALIÑOS DE MAR que van pacíficos mar adiante. Na viaxe tamén se encontran cun banco de PEIXES DE CORES que veñen como fuxindo doutro animal máis grande e perigoso. Cando xa se adentraron no profundo do mar, na parte máis escura sorpréndeos unha RASPA XIGANTESCA, seguramente restos dun peixe descoñecido e que a expedición celebra como descubrimento universal. Por fin regresarán á superficie non sen antes encontrarse cunha MANTA RAIA. Cando xa entran na praia unha ESTRELA DE MAR danza para eles en celebración polo seu descubrimento.
REPARTO:
Barco Nautilus: Pepe Soto; Cabaliños de mar: Lucho Penabade, Alfonso Romeo; Peixes: Hixinio Mougán, Iñaki Vilariño; Zancudo: Fran Pérez; Estrela de mar danzante: María Chenut; Carruaxo faro: Xacobe Castro, Pepe Guitián e María Chenut