Simbad e a serea

Posted on by

A xente cansou e deixou de traballar o mar. Unha mañá VENADITA , a única mariscadora que aínda segue indo á seca, sentiu como o mar se botaba a ela, invadíndoa e transformándoa nunha especie de Muller Mariña, nunha SEREA, coas pergas pegadas. VENADITA visita o taller do seu  veciño e  amigo SIMBAD, un mariñeiro retirado que pasa os días no seu taller maquetando e  pintando barcos, lendo e escribindo. Xuntos tratarán de que VENADITA volva ao  seu e que a xente recupere a ilusión por volver ao mar.

A compañía “Os Quinquilláns” reflexiona nesta obra orixinal sobre o mundo do traballo no mar desde o punto de vista do realismo máxico. Trátase dun espectáculo donde Tero Rodriguez (Serea, mariscadora) e Lucho Penabade (Simbad) animan á participación do público a través da manipulación de obxectos e dunha excursión mergullándose tras unha  gran balea branca inchable. Pódese adaptar tanto ao público adulto como ao infantil.