Pazos da Terra. As torres do Allo

Posted on by

 7,14,21,27 xullo ,4,11,18e 25 agosto,1,8,15 setembro. (2024)

7.- Zas-Torres do Allo.

Francisca Rioboo Álvarez e Víctor López Seoane reciben os foreiros que veñen pagar as rendas deixándolles entrar no pazo por primeira vez. Francisca foi a primeira muller propietaria das Torres do Allo mantendo a liña sucesoria dunha das familias nobiliarias máis importantes desde a Idade Media ata o S.XIX, Víctor un dos máis prestixiosos naturalistas galegos da historia.Visita ao interior das torres onde o público é protagonista do argumento da montaxe. A historia do pazo, as rendas en especie, a emigración e a decadencia nobiliaria de finais do XIX son algúns dos temas que revivimos nesta visita.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez , Lucho Penabade.

VESTIARIO.- Olga Vieites.

 

Ver vídeo.

Web do pazo

Category: veran 2020, verán 22
Comments are disabled