Dous FEIRANTES chegan á Vila co ánimo de espertar a atención sobre a clientela. ROI vende singulares fouciñas, coitelos e navallas pero tamén sabe moitas historias de ferreiros, segadores e xentes do pobo.
ELVIRA é unha menciñeira que vende herbas, verzas, ortigas, allos, cebolas e outros moitos remedios caseiros para todo tipo de enfermidades.
Ambos dispútanse o mellor lugar no posto e a súa discusión e enemizade acaba en acordo .
Tero Rodriguez e Lucho Penabade representando esta obra de rúa ideal para calquera tipo de feira ou mercado.