Simbad e a Serea

Posted on by

simbadbajaO realisimo máxico chega ao mundo do mar a través de esta obra de Os Quinquilláns.

Nun tempo donde a xente do mar cansou de traballar, VENADITA, a mariscadora vai sufrir unha unha transformación causada polo mar, que a chama.

Cando vai pedir axuda a SIMBAD, un vello mariñeiro retirado, éste vai facer todo o posible para volvela ao seu estado natural e Xuntos tratarán de que a xente recupere a ilusión por volver ao mar.

Consulta a páxina de Simbad e a Serea para saber máis ou tamén podes ver o vídeo.

Category: Histórico

¿Por que é salgada a auga do mar?

Posted on by

Pez2Os Quinquilláns percorrerán no Verán  distintas vilas representando este divertido espectáculo para todos os públicos

A Tripulanta Rías (Tero Rodríguez)e o Tripulante Norai (Lucho Penabade) son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas pero ela fai máis caso dunha lenda cuxos protagonistas viviron hai moito tempo nas proximidades da biblioteca onde se celebra o espectáculo. Tras representar a lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos…Pez3

Pincha aqui para ver toda a información e aqui para ir a nosa páxina do programa “Ler conta moito”.

Category: Uncategorized

Cumprimos 25 anos!

Posted on by

1989-2014.Teatro familiar e de adultos, pasarrúas, animacións, espectáculos de rúa, montaxes ad hoc, visitas teatralizadas.

25 anos de traballo teatral por todo o País coa ilusión e a forza do primeiro día.

¿Queres lembrar a nosa traxectoria? (video provisional)

Category: Uncategorized