Pazos da Terra. As Torres do Allo

Posted on by

DOMINGOS DO VERÁN:

XULLO: 1, 8,15, 22, 29 e AGOSTO: 5, 12,19, 26 

Pases as 19:30 h.

Francisca Rioboo Álvarez e Víctor López Seoane reciben os foreiros que veñen pagar as rendas deixándolles entrar no pazo por primeira vez. Francisca foi a primeira muller propietaria das Torres do Allo mantendo a liña sucesoria dunha das familias nobiliarias máis importantes desde a Idade Media ata o S.XIX, Víctor un dos máis prestixiosos naturalistas galegos da historia.Visita ao interior das torres onde o público é protagonista do argumento da montaxe. A historia do pazo, as rendas en especie, a emigración e a decadencia nobiliaria de finais do XIX son algúns dos temas que revivimos nesta visita.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez , Lucho Penabade.

VESTIARIO.- Olga Vieites.

Ver vídeo.