XOVES DO VERÁN
ás 21:00 h
XULLO: días 5, 12, 26 e AGOSTO: días 2,16, 23, 30
A Srta. Rosario e o Sr. Portela convocan en maio de 1.918 unha asemblea veciñal para decidir o apoio da vila á próxima construción do Hospital Casa-Asilo de A Guarda.
Roteiro teatralizado desde a Praza do Reló ate o Porto, con intensa participación do público e sorpresas musicais que fan que o espectáculo sexa diferente cada semana. Entre outros, estarán con nós Tremelique, Na Revolta, Coiro Vello, Coro Fuscalheiro, Dani Vilanova…
Actividade enmarcada nos actos de conmemoración do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, tomando coma fonte o libro de Joaquin Miguel Villa Álvarez “Hospital Casa-Asilo de A Guarda (1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico”.
TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez , Lucho Penabade.
VESTIARIO.- Olga Vieites, Bety Busto
ATREZZO.- Borxa Ínsua
Podes ver tamén a anterior obra: Desde A Guarda para alén mar.