Os Quinquillans celebramos o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do orixinal; ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social…O retranqueiro burro dun dos contos, trasunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran “O pai de Migueliño”, “A Marquesiña”, “O escuro caletre de Martiño” ou “Aínda eu non nascera”. Orjais, responsable do Fondo Local de Música de Rianxo, incorpora un tema de Aida Saco e pezas vinculadas a Castelao coma o “Alalá do mozo”, interpretado na estrea en Bos Aires de Os vellos non deben de namorarse ou unha Muiñeira cantada por Castelao a Jesús Bal y Gay e recollida no seu cancioneiro.
ELENCO: Lucho Penabade e Tero Rodríguez.
VESTIARIO e ATREZZO: Olga Vieites
ESCENOGRAFÍA: Pepe Penabade
MÁSCARAS: Xosé Vizoso
ESPAZO SONORO: Orjais

