Category Archives: veran 2020

Ribadeo ilustrado

Posted on by

DATAS DO VERÁN 2024:

xoves 18,25 xullo 1,8,15,22  agosto as 20:30 h

patinEn xaneiro de 1.809 RAIMUNDO IBÁÑEZ sae da súa vivenda co temor a ser apresado e condenado por afrancesado. Buscando axuda e perdón chega á Praza de Abaixo, onde se encontra co seu maior inimigo, o fidalgo MANUEL PEDROSA. Será DONA MIRANDA quen poña aos dous personaxes no tempo histórico actual e consiga que reflexionen sobre un pasado cheo de prosperidade para Ribadeo.

MIRANDA.-Tero Rodríguez

PEDROSA.- Borxa Insua.

IBÁÑEZ .- Lucho Penabade

VESTIARIO.-Bety Busto

INSCRICIÓNS.- https://turismo.ribadeo.org/experiencias.php?id=61&idioma=es&sec=27

 

VÍDEOS:

Category: veran 2020, verán 22

No tempo das pedras. O dolmen de Dombate

Posted on by

2024: sábados 6,13,20,27 xullo 3,10,17,24 e 31 de
agosto. 11:30 h e 13:00 h

5.-DombateELBA leva moito tempo observando o trigo no monte para escoller o mellor gran, mentres  CARREGUEIRO teima en convencer a toda a aldea para que deixen as faenas e lle axuden a carrexar laxes para erguer un grandioso dolmen en Dombate.

Montaxe teatral de carácter didáctico e participativo que nos traslada ao mundo das construcións dos primeiros cemiterios da humanidade.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez, Lucho Penabade VESTIARIO.- Olga Vieites

 

- Atención ao público/guía: 672 435 736

- Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate: 618 575 481

- Concello de Cabana de Bergantiños (horario de mañá): 981 75 40 20

Máis fotos aqui.

Category: veran 2020, verán 22

O castelo de Vimianzo, un paseo pola historia

Posted on by

VIMIANZO:

2024: domingos 7,14,21,28 xullo, 4,11,18,25 agosto,1,8,15 setembro

 

6.-VimianzoELVIRA DE OGAS e ROI DO CEREIXO cumpren a penitencia de contar a súa traizón ata que morran 500 papas de Roma. A lenda dos Mariño, os conflitos entre os Moscoso de Altamira e os Fonseca, a guerra irmandiña, a represión dos nobres e a vida no castelo desde a Idade Media ata os nosos días.

Representación baseada nos feitos máis salientables do castelo de Vimianzo ao longo da historia.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez, Lucho Penabade.

VESTIARIO.- Olga Vieites.

CONTACTO.- 981716354-604036617 (Turismo -Concello de Vimianzo)

 

Ver vídeo

Category: veran 2020, verán 22

Pazos da Terra. As torres do Allo

Posted on by

 7,14,21,27 xullo ,4,11,18e 25 agosto,1,8,15 setembro. (2024)

7.- Zas-Torres do Allo.

Francisca Rioboo Álvarez e Víctor López Seoane reciben os foreiros que veñen pagar as rendas deixándolles entrar no pazo por primeira vez. Francisca foi a primeira muller propietaria das Torres do Allo mantendo a liña sucesoria dunha das familias nobiliarias máis importantes desde a Idade Media ata o S.XIX, Víctor un dos máis prestixiosos naturalistas galegos da historia.Visita ao interior das torres onde o público é protagonista do argumento da montaxe. A historia do pazo, as rendas en especie, a emigración e a decadencia nobiliaria de finais do XIX son algúns dos temas que revivimos nesta visita.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez , Lucho Penabade.

VESTIARIO.- Olga Vieites.

 

Ver vídeo.

Web do pazo

Category: veran 2020, verán 22