Category Archives: Uncategorized

De alén mar para a Guarda

Posted on by

XOVES DO VERÁN

ás 21:00 h

XULLO: días 5, 12, 26 e AGOSTO: días 2,16, 23, 30

IMG_8208A Srta. Rosario e o Sr. Portela convocan en maio de 1.918 unha asemblea veciñal para decidir o apoio da vila á próxima construción do Hospital Casa-Asilo de A Guarda.

Roteiro teatralizado desde a Praza do Reló ate o Porto, con intensa participación do público e sorpresas musicais que fan que o espectáculo sexa diferente cada semana. Entre outros, estarán con nós Tremelique, Na Revolta, Coiro Vello, Coro Fuscalheiro, Dani Vilanova…

Actividade enmarcada nos actos de conmemoración do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, tomando coma fonte o libro de Joaquin Miguel Villa Álvarez “Hospital Casa-Asilo de A Guarda (1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico”.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez , Lucho Penabade.

VESTIARIO.- Olga Vieites, Bety Busto

ATREZZO.- Borxa Ínsua

Enlaces: pincha aqui e aqui.

Podes ver tamén a anterior obra: Desde A Guarda para alén mar.

Category: Uncategorized

As portas abertas do castelo de Moeche

Posted on by

VENRES DO VERÁN

As 21:00h

XULLO: días 6,13,20,27 e AGOSTO días 3,10,17,24

O Castelo de Moeche acaba de quedar abandonado por nobres, cabaleiros e servidume ante o ataque Irmandiño. Só fican no seu interior dous cómicos que non foron admitidos na comitiva e que se converten en anfitrións dos Irmandiños. Ante eles escenifican historias reais alí acontecidas e outras fantásticas alí imaxinadas.

foto_axenda_porta_aberta_casteloVisita teatralizada onde se representan números clásicos do teatro medieval para revivir o pasado do castelo de Moeche despois do seu asedio na segunda guerra irmandiña.

TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez, Lucho Penabade.

VESTIARIO.- Olga Vieites, Bety Busto

ATREZZO.- Borxa Ínsua

Ligazón ao Castelo

Category: Uncategorized

O segredo de Moraime

Posted on by

 FINS DE SEMANA

AGOSTO E SETEMBRO

horario: Consulta cartel

o segredo de moraimeSilvina, unha muller do século XVI á que todo lle foi roubado, peregrina a Moraime. Un misterioso monxe descubriralle os segredos que Moraime ofrece a quen busca o seu lugar no mundo…

As fins de semana de agosto e setembro OS QUINQUILLÁNS estaremos en Moraime (Muxía), cunha nova visita teatralizada, dispostos a desvelar os segredos que gardan os muros do mosteiro…

Saímos na PRENSA...

Category: Uncategorized

Rosalía en Bastavales

Posted on by

Rosalía_en_BastavalesOs Quinquillans celebramos o 24 de Febreiro a Rosalía en Bastavales, coa estrea desta nova visita teatralizada.

Chega agora, por fin, o momento máis importante do ano para a nosa literatura e Os Quinquilláns estamos preparados para celebralo como se merece. Desde Bastavales para o mundo…a obra de Rosalía.

Consulta as datas na nosa axenda ou no cartel da obra.

E, si queres máis información, pincha AQUI .

Category: Uncategorized

O Banquete de Conxo

Posted on by

Grandísimo éxito da festa do celebración do Banquete de Conxo organizado polo Concello de Santiago. Fantásticos artistas e marabilloso público disfrutando xuntos.

Aqui temos un repertorio de fotos, haberá que agardar un ano para volver a celebrar o Banquete!

 

 

Category: Uncategorized

Banquete de Conxo

Posted on by
OS QUINQUILLÁNS preparan varias actividades arredor da celebración do Banquete de Conxo organizado polo Concello de Santiago.
O SÁBADO 14 de abril terá lugar un ROTEIRO TEATRAL baixo o título  DE CARRAL CARTAZ BANQUETE DE CONXOA CONXO POLOS VIEIROS DA LIBERDADE cos protagonistas do histórico Banquete de Conxo de 1856 (Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro) Tamén participarán dous personaxes antagónicos á celebración; o Crego e o fidalgo Fandiño. Como representante do pobo estará a sorna da Cacheirana, unha muller que presenciou os acontecementos; desde os fusilamentos de Carral ata o Banquete de Conxo.
Este Roteiro Teatral partirá da PRAZA DE CERVANTES, pasando por SAN AGOSTIÑO, MERCADO DE ABASTOS, FACULTADE DE HISTORIA, ORFAS e PRAZA DO TOURAL.
O SÁBADO 21 de abril a compañía OS QUINQUILLÁNS e TÍTERES ALAKRÁN escenificarán en formato de títeres: DE CARRAL A CONXO POLOS VIEIROS DA LIBERDADE, unha montaxe ad hoc sobre a celebración do Banquete de Conxo, de carácter histórico e divulgativo, e destinada a todo tipo de públicos.
O DOMINGO 22 de abril  pola mañá terá lugar un ROTEIRO MUSICAL E TEATRAL onde artesáns, estudantes, traballadoras, labregas e os protagonistas do Banquete (Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre, Rosalía de Castro) irán da man desde a Praza do Toural ata Conxo pasando por toda a zona nova de Compostela e as principais rúas de Conxo. Este é un roteiro participativo e fundamentalmente musical.
DOMINGO 22 de abril a medio día terá lugar a escenificación de O BANQUETE DE CONXO por OS QUINQUILLÁNS-TEATRO coa participación dos protagonistas do Banquete e de todos/as os/as presentes.
Esta produción ad hoc da compañía OS QUINQUILLÁNS para o Concello de Santiago incide na liña desenvolvida nos últimos anos pola compañía, as visitas teatralizadas e as montaxes de carácter histórico onde o teatro está tamén ao servizo do coñecemento, da diversión e da participación da xente.
Category: Uncategorized

Desde A Guarda para alén do mar

Posted on by

IMG-20170702-WA0001Fantásticos momentos os que nos fixeron pasar o pasado verán na Guarda a señorita García e o Señor Mariñas mentres percorríamos as rúas da vila. O Señor Mariñas chegou co encargo de filmar a vida cotiá dos nosos veciños para enviar as Américas o seu traballo en agradecemento a tantos indianos que, desde alén do mar,  contribuiron a modernización do noso pobo.

 

Deixamos aqui unha pequena mostra desta visita teatralizada de Os Quinquilláns polas rúas da Guarda. Sirva tamén como unha pequena homenaxe aos inicios da cinematografía.

Category: Uncategorized

Cousas

Posted on by

Lucho Penabade e Tero Rodriguez non paran de colleitar éxitos e parabéns desde que comezaron a aventura coa súa última obra. Trátase da adaptación de COUSAS, a máis coñecida das obras de Castelao.

cousas3Cunha escenografía moi coidada, Os Quinquilláns representan moitas das escenas e personaxes da xenial e atemporal obra, adaptada ao teatro por eles mesmos.

De novo estamos ante unha colaboración coa Editorial Galaxia, que se encarga da súa distribución.

Podes ver aqui o vídeo promocional.

Category: Uncategorized

O Espantallo amigo

Posted on by

IMG 6354Esta peza, protagonizada por Lucho Penabade e Tero Rodríguez e na que interpretan unha serie de persoaxes que van ter unha relación moi especial co espantallo, foi estreada en Decembro 2015 e xa leva máis de 50 funcións realizadas  en Auditorios, Teatros, Casas da Cultura e Colexios de toda Galicia.

ESPANTALLO AMIGO é unha adaptación teatral  de OS QUINQUILLÁNS da obra homónima de XOSÉ NEIRA VILAS, un dos fitos máis importantes da literatura infantil galega.

A obra ten a súa propia páxina no facebook .

Para saber máis e ver a galería de fotos pincha aqui.

Category: Uncategorized

¿Por que é salgada a auga do mar?

Posted on by

Pez2Os Quinquilláns percorrerán no Verán  distintas vilas representando este divertido espectáculo para todos os públicos

A Tripulanta Rías (Tero Rodríguez)e o Tripulante Norai (Lucho Penabade) son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas pero ela fai máis caso dunha lenda cuxos protagonistas viviron hai moito tempo nas proximidades da biblioteca onde se celebra o espectáculo. Tras representar a lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos…Pez3

Pincha aqui para ver toda a información e aqui para ir a nosa páxina do programa “Ler conta moito”.

Category: Uncategorized