Banquete de Conxo

Posted on by
OS QUINQUILLÁNS preparan varias actividades arredor da celebración do Banquete de Conxo organizado polo Concello de Santiago.
O SÁBADO 14 de abril terá lugar un ROTEIRO TEATRAL baixo o título  DE CARRAL CARTAZ BANQUETE DE CONXOA CONXO POLOS VIEIROS DA LIBERDADE cos protagonistas do histórico Banquete de Conxo de 1856 (Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro) Tamén participarán dous personaxes antagónicos á celebración; o Crego e o fidalgo Fandiño. Como representante do pobo estará a sorna da Cacheirana, unha muller que presenciou os acontecementos; desde os fusilamentos de Carral ata o Banquete de Conxo.
Este Roteiro Teatral partirá da PRAZA DE CERVANTES, pasando por SAN AGOSTIÑO, MERCADO DE ABASTOS, FACULTADE DE HISTORIA, ORFAS e PRAZA DO TOURAL.
O SÁBADO 21 de abril a compañía OS QUINQUILLÁNS e TÍTERES ALAKRÁN escenificarán en formato de títeres: DE CARRAL A CONXO POLOS VIEIROS DA LIBERDADE, unha montaxe ad hoc sobre a celebración do Banquete de Conxo, de carácter histórico e divulgativo, e destinada a todo tipo de públicos.
O DOMINGO 22 de abril  pola mañá terá lugar un ROTEIRO MUSICAL E TEATRAL onde artesáns, estudantes, traballadoras, labregas e os protagonistas do Banquete (Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre, Rosalía de Castro) irán da man desde a Praza do Toural ata Conxo pasando por toda a zona nova de Compostela e as principais rúas de Conxo. Este é un roteiro participativo e fundamentalmente musical.
DOMINGO 22 de abril a medio día terá lugar a escenificación de O BANQUETE DE CONXO por OS QUINQUILLÁNS-TEATRO coa participación dos protagonistas do Banquete e de todos/as os/as presentes.
Esta produción ad hoc da compañía OS QUINQUILLÁNS para o Concello de Santiago incide na liña desenvolvida nos últimos anos pola compañía, as visitas teatralizadas e as montaxes de carácter histórico onde o teatro está tamén ao servizo do coñecemento, da diversión e da participación da xente.
Category: Uncategorized
Comments are disabled