Blog Archives

Montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.
FICHA TÉCNICA
P.- Tero Rodríguez
L.- Lucho Penabade
TEXTO, DIRECCIÓN e PRODUCIÓN.- OS QUINQUILLÁNS -TEATRO
VESTIARIO.- Olga Vieites, Bety Busto.
DURACIÓN.- 50′
DISTRIBUCIÓN.- Editorial Galaxia.

O tío Ramón de Reborneda ten a mellor figueira da aldea pero deron con ela os merlos e decide facer un espantallo. Desde aquela MERLA VELLA, O GRILO, CAN PENEXO e GATO XIRIMÍA van ter unha relación moi especial co ESPANTALLO AMIGO
Os Quinquilláns adapta esta obra de Xosé Neira Vilas, que é un dos fitos da literatura infantil galega .
DISTRIBUCIÓN: EDITORIAL GALAXIA
Pincha para ver o vídeo
as 19:30 h
XULLO: días 18, 25 e AGOSTO, días 1, 8,15
NÉSTOR decide saír da tumba despois de ducias de anos enterrado para comprobar cientificamente cal é o estado dos petróglifos que el descubriu a comezos do século XX.
Para revivir a vida no actual Parque Arqueolóxico bota man de LAMIA e CAXIGO, personaxes de hai 4.000 anos que nos mostran como era a súa vida.
Visita teatralizada realizada pola compañía VOLTA E DÁLLE e QUINQUILLÁNS arredor dos petróglifos máis significativos do parque. A vida cotiá, as crenzas, as relacións e o avance daquela xente do Neolítico.
TEXTO, DIRECCIÓN, INTERPRETACIÓN.- Tero Rodríguez, Pepe Penabade, Lucho Penabade.
VESTIARIO.- Olga Vieites
Máis información e fotos AQUI.
Aqui o PAAR de Campolameiro
XOVES DO VERÁN
ás 21:00 h
XULLO: días 5, 12, 26 e AGOSTO: días 2,16, 23, 30
A Srta. Rosario e o Sr. Portela convocan en maio de 1.918 unha asemblea veciñal para decidir o apoio da vila á próxima construción do Hospital Casa-Asilo de A Guarda.
Roteiro teatralizado desde a Praza do Reló ate o Porto, con intensa participación do público e sorpresas musicais que fan que o espectáculo sexa diferente cada semana. Entre outros, estarán con nós Tremelique, Na Revolta, Coiro Vello, Coro Fuscalheiro, Dani Vilanova…
Actividade enmarcada nos actos de conmemoración do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, tomando coma fonte o libro de Joaquin Miguel Villa Álvarez “Hospital Casa-Asilo de A Guarda (1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico”.
TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez , Lucho Penabade.
VESTIARIO.- Olga Vieites, Bety Busto
ATREZZO.- Borxa Ínsua
Podes ver tamén a anterior obra: Desde A Guarda para alén mar.
VENRES DO VERÁN
As 21:00h
XULLO: días 6,13,20,27 e AGOSTO días 3,10,17,24
O Castelo de Moeche acaba de quedar abandonado por nobres, cabaleiros e servidume ante o ataque Irmandiño. Só fican no seu interior dous cómicos que non foron admitidos na comitiva e que se converten en anfitrións dos Irmandiños. Ante eles escenifican historias reais alí acontecidas e outras fantásticas alí imaxinadas.
Visita teatralizada onde se representan números clásicos do teatro medieval para revivir o pasado do castelo de Moeche despois do seu asedio na segunda guerra irmandiña.
TEXTO, DIRECCIÓN E INTÉRPRETES.- Tero Rodríguez, Lucho Penabade.
VESTIARIO.- Olga Vieites, Bety Busto
ATREZZO.- Borxa Ínsua
FINS DE SEMANA
AGOSTO E SETEMBRO
horario: Consulta cartel
Silvina, unha muller do século XVI á que todo lle foi roubado, peregrina a Moraime. Un misterioso monxe descubriralle os segredos que Moraime ofrece a quen busca o seu lugar no mundo…
As fins de semana de agosto e setembro OS QUINQUILLÁNS estaremos en Moraime (Muxía), cunha nova visita teatralizada, dispostos a desvelar os segredos que gardan os muros do mosteiro…
Saímos na PRENSA...
Os Quinquillans celebramos o 24 de Febreiro a Rosalía en Bastavales, coa estrea desta nova visita teatralizada.
Chega agora, por fin, o momento máis importante do ano para a nosa literatura e Os Quinquilláns estamos preparados para celebralo como se merece. Desde Bastavales para o mundo…a obra de Rosalía.
Consulta as datas na nosa axenda ou no cartel da obra.
E, si queres máis información, pincha AQUI .
Grandísimo éxito da festa do celebración do Banquete de Conxo organizado polo Concello de Santiago. Fantásticos artistas e marabilloso público disfrutando xuntos.
Aqui temos un repertorio de fotos, haberá que agardar un ano para volver a celebrar o Banquete!