A señora de Forcadela

Posted on by

Unha montaxe teatral na que non hai personaxes nin feitos imaxinarios

Josefa García Segret, muller represaliada pola ditadura franquista, autora do texto autobiográfico Abajo las dictaduras, non pode resignarse ao esquecemento e trae a escena a súa memoria e o seu desexo de facer xustiza. Como ela mesma di, débello á súa vida destruída e a todas as persoas que loitaron pola liberdade.Espectáculobaseado na biografía de Josefa García Segret (Tui, 1900 – Oleiros, 1986) mestra que en 1936 estaba destinada na aldea de Forcadela, concello de Tui. Por militar nun partido democrático de esquerdas e non practicar a relixión católica, sufriu todo tipo de represións; persecución, cárcere, abusos, pena de morte. Librou da execución grazas á implicación solidaria do médico e xornalista Darío Álvarez Blázquez. A partir do relato dos feitos de Josefa e Darío Os Quinquilláns crearon A Señora de Forcadela.

  • ELENCO Lucho Penabade, Tero Rodríguez

    VESTIARIO Beti Busto

    ESCENOGRAFÍA e ATREZZOOs Quinquilláns

    ESPAZO SONORO Orjais

    DRAMATURXIA E DIRECCIÓN Os Quinquilláns